Arte, cinema e música para conmemorar o 21 aniversario do MARCO
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, celebra o 21 aniversario da súa apertura cun programa especial de actos organizados os días 17,18,19 e 28 de novembro, tanto para nenos como para adultos. Arte, cinema, música e talleres son o eixo da extensa programación.
Abel Caballero presentou este martes o extenso programa de actos culturais co que os días 17,18, 19 e 28 de novembro o Museo de Arte Contemporánea de Vigo conmemorará o seu vixésimo primeiro ano de apertura.
O alcalde, tras destacar o “éxito” da programación e da actividade do museo, lembrou que a súa fundación conta cun orzamento de 725.00 euros. Recalcou que a maior parte da achega económica é do Concello e “por tanto, somos nós os financiadores en case a súa totalidade”.
O programa comeza ás 19.00 horas do venres 17 co taller para adultos ¿Quen é quen?, ao redor da exposición de Concha Martínez Barreto "Cando acaba o día”. Os nenos de 3 a 6 anos contarán o sábado 18 co taller: “Cada mochuelo ao seu olivo”, sobre a obra de Concha Martínez Barreto. Está programado para un máximo de 20 participantes. Desenvolverase de 11.00 a 12.30. A partir desta última hora outros 20 menores de 6 a 12 anos poderán participar no taller: “¿De que está feita a arquitectura?”. Desde as 12.00 horas desenvólvese a charla sobre “Intelixencia dixital. Pasado presente e futuro”, dentro do Festival Vertixe Sonora.
Tamén o sábado, ás 13:00 horas, será o concerto “Archón. Verbas do Demiurge”, dentro do Festival Vertixe Sonora. Pola tarde, de 19.00 a 20:30 horas proxectarase “Unha ponte coa lusofonía”, dentro do ciclo de cinema lusófono.
Os nenos tamén protagonizan os actos do domingo. Ás 12.00, os maiores de 5 anos poden participar no taller “Arquitectura no museo: un xogo de pistas e percorridos”.
A programación especial conclúe o martes 28 cun encontro sobre a obra e a figura do escritor Juan Giralt, dirixido polo seu fillo Marcos Giralt Torrente.
Todas as actividades son gratuítas. Desde este martes permanece aberta a inscripción.