Escoitar

O alcalde mantivo unha reunión con Elisa Aguilar, nova presidenta da FEB

Caballero cualificou a visita como “un evento da maior importancia” para unha cidade “de tanta tradición de baloncesto feminino” unha “peza tan importante no mundo do deporte”.

martes, 14 nov 2023

A nova presidenta da Federación Española de Baloncesto abriu da man do rexedor vigués unha xornada de visitas institucionais. Nesta reunión, alcalde e presidenta, estiveron acompañados do secretario xeral da institución nacional, Gabriel Rodríguez; do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; e o seu equipo directivo.

O alcalde congratulouse da chegada á presidencia de Elisa Aguilar, sinalando que en Vigo “temos a idea de producir a expansión do baloncesto, onde temos peso no baloncesto femenino, pero queremos telo tamén no masculino”, sendo este un dos temas a valorar “no futuro”, da man da Federación.

A presidenta recolleu o seu agradecemento e sinalou a grata acollida que Vigo e a súa afección lles brinda sempre, tanto a ela como a toda a Federación Española. Como exemplo deste cariño, Elisa destacou a recente presenza da Selección Feminina na cidade. Nesta liña, manifestou as gañas de todo o equipo liderado por Miguel Méndez, de poder regresar nun futuro a Vigo, e as do ente baloncestístico por traballar para ter a posibilidade de facelo tamén coa Selección Masculina.

Descargar todas as imaxes