O alcalde avoga por un “gran pacto social para erradicar a soidade dos maiores”
Abel Caballero participou este venres na inauguración do XXXIII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría que se desenvolve no museo Verbum baixo o lema “Soidade e illamento social. Novos retos e recursos”. O rexedor puxo en valor o traballo que desenvolven os profesionais dedicados a atender as persoas maiores e defendeu a necesidade de acordar un “gran pacto social para erradicar a súa soidade” porque “non podemos permitir que unha parte da sociedade viva en situación de soidade non desexada”.