Escoitar

A Xunta de Goberno aproba o convenio de 606.000 euros con FOANPAS para becas comedor

O alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno dos 606.000 euros para as becas comedor de FOANPAS. O Concello mantén aberto ata o 30 de xuño o prazo para a solicitude das becas de comedor dotadas con 1.427.589 euros.

xoves, 8 xuñ 2023

A Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais para a subvención das becas de comedor. O Concello outorga 606.000 euros a FOANPAS para achegar as axudas de comedor ao alumnado de Vigo.

O alcalde lembrou que ata o 30 de xuño o Concello mantén aberto o prazo para a solicitude das becas de comedor. O goberno local adica 1.427.589 euros a esta acción. “En total, máis de dous millóns de euros”, informou en rolda de prensa.

Convenio coa Diocese

Abel Caballero tamén deu conta da subvención á Diocese de Tui-Vigo para a reparación da cuberta na igrexa de Fátima. “Queremos manter o patrimonio histórico da cidade”. O Concello adicará 196.961 euros a esta acción.

Descargar todas as imaxes