Escoitar

O Concello outorga 73 becas para estudar no estranxeiro ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas

O goberno local resolveu favorablemente 73 das 84 solicitudes presentadas para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas interesados en facer unha estancia lingüística no estranxeiro. Medra o estudantado interesado en estudar xaponés, italiano e alemán.

mércores, 7 xuñ 2023

Vigo enviará a 73 estudantes da Escola Oficial de Idiomas a estudar o idioma no que están inscritos ao estranxeiro. O Concello outorga 73 becas ao alumnado solicitante que cumpre os requisitos. Once solicitudes foros rexeitadas por incumprimento das bases.

Segundo declarou o rexedor, mantense o interese polo inglés, e medra o xaponés con 19 becas, italiano con 18 e alemán con 8. Para o alcalde “estas becas potencian a aprendizaxe de idiomas, como o programa Vigo en Inglés que proximamente enviará a 1.000 chicos e chicas a estudar inglés a Reino Unido e Inglaterra”.

Descargar todas as imaxes