A Xerencia xestionará os 6,4 millóns de fondos europeos para a rehabilitación de vivendas
Abel Caballero deu conta esta mañá de que será a Xerencia de Urbanismo a que executará os 6.400.000 de fondos europeos Next Generation EU provenientes do Goberno de España. Estes fondos están adicados para a rehabilitación e eficiencia enerxética en edificios.
A Xerencia de Urbanismo será o entre instrumental para a execución do Plan de Recuperación, transformación e resilencia financiado con fondos Next Generation EU. Este organismo municipal xestionará os 6,4 millóns recibidos para mellorar a eficiencia enerxética de 14 barrios de Vigo.
É un investimento para barrios enteiros da cidade, explicou o alcalde, que tamén detallou as áreas: Casco Vello; Bouzas; Santa Clara; Beiramar; Espiñeiro-Teis; San Pablo; San Roque e Coia, zona na que ademais se realiza unha ampliación que elevará de 1.200 a 6.000 as vivendas. Existen outras catro peticións como Fenosa, Salgueira, Gorxal e a contorna descontinua de Canicouva-Alcalde Lavadores-Escolas Públicas.
Caballero resaltou que Vigo é a cidade de Galicia con maior execución de fondos en rehabilitación de vivenda.