Escoitar

O Concello publica a lista de alumnado beneficiario do “Vigo en inglés 2023”

As listaxes da resolución provisional da baremación das listas dos estudantes que solicitaron participar no programa educativo municipal de inmersión lingüística poden consultarse na web municipal.

xoves, 8 xuñ 2023

O “Vigo en inglés” concede nesta edición de 2023, 925 prazas para alumnado da ESO cun orzamento total de 2,2 millóns de euros. Tal e como explicou o alcalde, cada unha das bolsas cobre a estadía de tres semanas no Reino Unido ou Irlanda, os gastos da viaxe de ida e volta, a matrícula nun curso de intensivo de mellora en lingua inglesa, actividades de lecer, culturais e deportivas extracurriculares, o aloxamento en réxime de pensión completa e os gastos de transporte urbano.

O alumnado solicitante da bolsa pode consultar a listaxe en escolas.vigo.org/vigoeningles e na web www.vigo.org. Dende mañá venres, 9 de xuño, e ata o vindeiro día 18, ábrese un prazo de 10 días naturais para presentar as reclamacións ou emendar os erros advertidos nos casos nos que o alumnado quedara excluído da resolución provisional.

Descargar todas as imaxes