Escoitar

O Concello aproba as axudas ao asociacionismo e a participación cidadá para o ano 2023

O alcalde deu conta tamén da aprobación das bases e a convocatoria de subvencións orientadas á mellora das instalacións de campos de fútbol da cidade.

venres, 9 xuñ 2023

A Xunta de Goberno Local acordou destinar 415.000€ para colaborar co financiamento das entidade, tratando de facilitar o desenvolvemento das súas actividades, así como a adquisición de material informático e a adecuación dos locais sociais ás novas condicións de seguridade e accesibilidade.

A convocatoria divídese en catro programas como: o mantemento e funcionamento das entidades veciñais; o mantemento de entidades veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou noutras condicións de uso gratuítas; os gastos en equipamento e os gastos en obras e adquisición de inmobles. O rexedor destacou que dende o Concello “queremos que o músculo cidadán de Vigo teña financiamento”.

Campos de fútbol

Tamén se aprobaron as bases e a convocatoria de subvencións orientadas á mellora dos campos de fútbol da cidade de titularidade privada por valor de 50.000€. Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de: obras de creación de novos inmobles; a reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación de inmobles xa existentes; a mellora da eficiencia enerxética nos sistemas de iluminación dos terreos de xogo e a adecuación e remodelación das bancadas.

Programa “Camiña con nós pola igualdade”

Abel Caballero tamén comunicou a aprobación da contratación do programa “Camiña con nós pola igualdade” por un importe de 39.000 euros. Como sinalou está “destinado a promover a igualdade e fomentar a prevención de violencia de xénero entre o alumnado de educación infantil e primaria da cidade”.

 

 

 

Descargar todas as imaxes