O goberno municipal adxudica as prazas das escolas infantís municipais
O rexedor deu conta, na rolda de prensa matinal, da situación actual das prazas nas Escolas Infantís Municipais onde aínda quedan vacantes en horario de mañá.
O alcalde recordou este xoves que ata o 14 de abril pode solicitarse unha das prazas de escolas infantís municipais.
O rexedor sinalou que “das 663 prazas que ofertamos en total están ocupadas 410, nos que se inclúen 174 alumnos novos”. A quenda de mañá esta preto de completarse, xa que actualmente están ocupadas 371 das 392 prazas ofertadas, mentres que, na quenda de tarde aínda queda “un número significativamente elevado de prazas dispoñibles”, con 217 libres.