O goberno local aprobará mañá a licitación dos viaxes pola ría do programa de avellentamento activo
“Vigo, cidade amiga dos maiores” tamén ofrecerá este verán 3.000 prazas para actividades ao aire libre. Abel Caballero sinalou que “levamos concedidas 2.258 axudas de emerxencia por valor de 551.158 euros”.
O alcalde informou en rolda de prensa este martes que na Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá, aprobarase a licitación das viaxes pola ría dentro do programa de avellentamento activo “Vigo, cidade amiga dos maiores”.
Como explicou o rexedor, “agora trátase dun programa que se estende todo o ano”, no que a primeira fase arrincou, con 800 prazas, a principio deste mes con talleres en centros cívicos e asociacións veciñais. Nesta segunda fase, de cara ao período de verán “ofertamos 3.000 novas prazas de actividades al aire libre”.
Durante o mes de xuño realizarase o Programa de Actividade Física nos Parques Biosaludables en localizacións como: Via Verde, Parque de Castrelos, Praza de América, Teis e o Paseo de Samil. No mes de xullo arrincará o Programa de Actividades Interxeneracionáis nas Prazas de Vigo, en lugares como fronte ao Mercado do Calvario, Praza de Independencia, Alamada de Bouzas, Praza da Miñoca e fronte ao Mercado de Teis. Para estas actividades non é necesario formalizar inscrición previa, só deben presentarse con antelación ao inicio da actividade.
Axudas Emerxencia
O Concello celebrou hoxe unha nova comisión de Axudas de Emerxencia cun importe de 22.571 euros para 102 solicitudes. A maioría delas para o pago de alugueiro, hipotecas e alimentación. Dende que comezou o ano concedéronse 2.258 axudas por un importe de 551.158 euros.