Escoitar

Desde o luns 3 de xuño poden solicitarse as becas municipais de comedor e material escolar

O alcalde informou este xoves da apertura dun período de 20 días hábiles para a solicitude das axudas para comedor e material escolar do alumnado de centros públicos e concertados da cidade para o vindeiro curso 2023-2024.

xoves, 1 xuñ 2023
O rexedor na súa comparecencia ante os medios este xoves
O rexedor na súa comparecencia ante os medios este xoves

Desde o vindeiro luns, 3 de maio, e durante os seguintes 20 días hábiles, poderán solicitarse as bolsas de comedor e material escolar para o vindeiro curso escolar que teñen un importe total de 1.427.589 euros. O Concello achega amais 600.000 euros anuais a Foanpas a través dun convenio para as súas bolsas de comedor.

Abel Caballero explicou en rolda de prensa, a solicitude das becas poderá facerse de forma telemática a través da web municipal (www.vigo.org) e tamén presencial no edificio do Concello, de luns a venres, en horario de mañá (desde as 8:45 ás 13:45) e en horario de tarde (entre as 15:00 e as 20:00 horas). As familias que queiran facer a solicitude das axudas de xeito presencial no Concello, poderán pedir cita previa a través da web, onde atoparán unha ligazón directa para facelo.

Tal e como recollen as bases aprobadas na Xunta de Goberno Local, as axudas este ano incrementan a contía, pasando de 41 a 45 euros ao mes, é dicir, case un 10%. Ademais, mellóranse as condicións de acceso ás axudas das unidades de convivencia monoparentais que computarán como 3 membros a efectos de renda. O mesmo ocorre coas familias das que forme parte un membro con discapacidade e actualizouse o IPREM e o incorpórase o prezo da vivenda (alugueiro ou hipoteca) no cómputo da renda.

 

Descargar todas as imaxes