Escoitar

O Concello retirará o emisario de Samil antes da temporada estival

A Xunta de Goberno aprobou tamén as achegas ás familias para os libros de texto que tiveron que subsanar erros da tramitación.

xoves, 1 xuñ 2023

O alcalde deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno como a retirada do emisario de Samil que saíu á luz tras os movementos de terra na desembocadura do Lagares. O Concello adicará 159.000 euros á súa retirada e prevé rematar a obra antes da temporada estival.

Abel Caballero tamén deu conta da resolución das axudas municipais a familias para libros de texto cun importe de 454.690 euros que chegaron a 2.218 alumnos e alumnas que tiveron que subsanar a súa solicitude por erros no trámite. O Concello adicou 4.709.055 euros a 22.971 estudantes de educación Primaria, Secundaria e Especial para o pago dos libros de texto.

O Goberno de Vigo tamén aprobou a licitación dos servizos de formación dos programas de emprego dos anos 2022 e 2023 cun importe de 92.888 euros. A formación basease na construción, xardinería, tratamento do medio natural e cursos transversais.

Subvencións

A Xunta de Goberno aprobou unha subvención a ACNUR para o seu proxecto de axuda na saúde a refuxiados de Venezuela en Colombia cun importe de 10.000 euros. Tamén se apoia con 5.000 euros á programación do teatro Ensalle. O Goberno tamén adica 15.000 euros ás actividades da Federación de Peñas Recreativas El Olivo desde outubro de 2022 ata setembro de 2023.

Convenio Deputación

O alcalde deu conta da aprobación do convenio coa Deputación para o desenvolvemento do “Outono Lírico 2023” organizado pola Asociación Amigos da Ópera. O importe é de 80.000 euros, dos cales 20.000 son aportados pola institución provincial.

Descargar todas as imaxes