A cidade garda cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno
A Praza do Rei acolleu este venres a concentración silenciosa convocada pola FEMP para tódolos municipios de España con motivo do primeiro aniversario do inicio da guerra, en solidariedade coa poboación ucraína e cos milleiros de persoas desprazadas fóra do país.
O alcalde, que presidiu os cinco minutos de silencio na cidade, urxiu a fin do conflito bélico orixinado polo presidente ruso Putin contra a nación de Ucraína nunha guerra intolerable. Todo Vigo forma parte da mobilización, nunha cidade na que viven 436 ucraínos e ucraínas”, sinalou.
Ademais, este sábado o goberno municipal iluminará de cor lila as fontes de Aragón con motivo do día do Implante Coclear, unha cirurxía mediante a cal se coloca un dispositivo médico electrónico que substitúe a función do oído interno danado. O vindeiro 3 de marzo, a fonte encherase de cor granate polo Día da Audición, trala petición solicitada pola Federación de Asociacións de Implantados Cocleares de España.