Escoitar

As obras de mellora do túnel de Beiramar modificarán o tráfico na fin de semana

Estes cambios comezan ás 23 horas do sábado e prolongaranse ata as 6 da madrugada do luns para proceder ao cambio do cadro principal de baixa tensión. O Concello inviste 1.498.000 euros nesta obra “para adaptar o túnel ás normas europeas de seguridade en túneles”.

venres, 24 feb 2023

As obras para a mellora do túnel de Beiramar avanzan segundo o previsto. O Concello procederá ao peche do túnel desde o sábado ás 23 horas ata o luns ás 6 da madrugada para cambiar o cadro principal de baixa tensión, unha das melloras que se están a acometer “para adaptar o túnel ás normas europeas de seguridade en túneles”, explicou o rexedor en rolda de prensa.

O Concello inviste 1.498.000 euros na obra: “Lembrade o incendio no túnel da Cañiza que na autovía entre O Porriño e Madrid, que se saldou sen danos humanos e máis consecuencias polos sistemas de seguridade modernos e complexos que dan garantía”, exemplificou Abel Caballero en rolda de prensa.

O alcalde detallou que os traballos previstos contemplan mellorar a iluminación, renovar o cableado para adecualo á protección contra incendios, ampliar as luces de emerxencia e instalar novos cadros eléctricos e detectores de gases de monóxido de carbono e de nitróxeno. O Concello de Vigo tamén cambiará os armarios SOS de atención en caso de emerxencia ao longo do quilómetro e medio no que se actuará.

Descargar todas as imaxes