Vigo arrinca o ano batendo récords de visitantes e pernoctas
Abel Caballero congratulouse polos datos do Instituto Nacional de Estatística, que sitúan a Vigo a cabeza do turismo en Galicia no mes de xaneiro.
O alcalde debullou este venres algúns dos datos da ocupación hoteleira na cidade que cualificou de “absolutamente inimaxinables fai moi pouquiños anos”, ao que engadiu que “Vigo tivo os mellores datos nun mes de xaneiro dende que existen rexistros no INE”.
O número de viaxeiros totais contabilizados polo INE en Vigo foi de 36.795, elevándose sobre o ano 2019 un 46,69% (un total de 11.711 viaxeiros máis). De estes viaxeiros, os nacionais chegaron os 26.921, un 38,43% máis que en 2019 e os estranxeiros eleváronse ata os 9.874, un incremento do 75,20% con respecto o 2019.
No tocante as pernoctas, a cidade alcanzou as 61.288, subindo un 9,81% sobre xaneiro do 2019, é dicir, 5.476 pernoctas máis. Con estes datos Vigo é a primeira cidade de Galicia en número de viaxeiros totais, tamén é a primeira en viaxeiros estranxeiros e nacionais.