Escoitar

Vigo recibe a produtoras audiovisuais para ser escenario de rodaxes

Seis localizadores de prestixio nacional e internacional visitan Vigo coa intención de incluír localizacións da cidade en próximas rodaxes. Os profesionais teñen traballado en grandes producións como “A casa de papel”, “The Crown” e campañas de publicidade internacionais.

xoves, 23 feb 2023
Arquivo: o alcalde na presentación de Vigo como escenario de rodaxes en FITUR 2023
Arquivo: o alcalde na presentación de Vigo como escenario de rodaxes en FITUR 2023

Seis localizadores nacionais e internacionais de cinema, televisión e publicidade participan desde este venres e ata o luns nunha viaxe de familiarización para incluír a Vigo como escenario para rodaxes. Os localizadores - que participaron en grandes producións como “The Crown”, “A casa de papel”, “Cóntame como pasou”, “Vampire Academy” ou campañas de publicidade internacionais - mostraron nos últimos meses un gran interese por coñecer Vigo coa intención de incluír a cidade como escenario de producións

Tal e como numerou Abel Caballero en rolda de prensa, "estamos promocionando Vigo para o mundo audiovisual e ofrecemos todo aos efectos de rodaxe e distintos espazos". Estes profesionais traballan para as principais produtoras que desenvolven nestes momentos grandes producións nacionais e internacionais para cinema e plataformas, como son Palma Pictures, Rúa Cruzada, Vancouver Media e Fresco Films.

O alcalde puxo de exemplo o bo facer da colaboración do Concello con outros rodaxes, como o que remata este xoves dunha produtora filipina que, durante dúas semanas, estivo rodando en Vigo a longametraxe “Why. Because…?”, dunha das directoras máis recoñecidas no seu país, Sigrid A. Bernardo, e que están moi agradecidos ao goberno local polas facilidades para facer o seu traballo.

Descargar todas as imaxes