Escoitar

Abel Caballero: “O Concello disporá dunha parcela para vivendas de protección oficial na rúa Tomás Alonso”

O rexedor realizou esta mañá unha visita ás construcións que están realizando en Tomás Alonso, que contará con vivendas e unha residencia de maiores.

mércores, 23 nov 2022

 

Na rolda de prensa posterior, o alcalde explicou que quixo visitalo “porque o edificio empeza a completar unha faltaba por construír na cidade de Vigo, e por coser na cidade de Vigo”, xa que, “era un espazo moi deteriorado que agora incorporan estes módulos, arquitectonicamente magníficos, e que ademais realizará a humanización desta parte da rúa”.

Esta nova promoción realizada por Avantspacia ofrecerá 62 vivendas de nova construción e albergará unha residencia de maiores do Grupo Orpea, que se prevé que poida abrir en 2024.

Descargar todas as imaxes