Escoitar

O túnel de Lepanto entrará en funcionamento o próximo 12 de decembro

O acceso á AP9 a través do túnel de Lepanto estará previsiblemente operativa a partir do 12 de decembro. Esta infraestrutura pechará de novo durante un mes polas obras do HALO a mediados de febreiro e abrirá definitivamente a mediados de marzo.

martes, 22 nov 2022
Foto de arquivo dunha visita ao túnel.
Foto de arquivo dunha visita ao túnel.

O alcalde avanzou esta mañá que o túnel de Lepanto está rematado, sinalizado e pendente dunha autorización burocrática que se está a tramitar co Ministerio de Transportes. Trátase dunha obra “moi importante” na fluidez do tráfico, e xa se está a traballar nun novo plan de circulación. Ao mesmo tempo, engadiu, as obras do HALO están a avanzar “moi rápido” e xa se están establecendo os pivotes sobre os que se van a asentar provisionalmente os dous semicírculos do ascensor que miden 100 metros de diámetro -entre eles cabe un campo de fútbol -. Tal e como detallou, esta estrutura ten que montarse no chan para ser posteriormente elevada, una acción que require dun mes aproximadamente. Esta montaxe realizarase entre mediados de febreiro e mediados de marzo, cando o túnel reabrirá de xeito definitivo.

Por tanto, o acceso á cidade a través da autoestrada quedará un suspendido por razóns de seguridade durante este período e os accesos serán polo no de Isaac Peral.

Respecto da estación de autobuses, Caballero reiterou a oferta de total cooperación do Concello coa posta en marcha desta infraestrutura pero sempre cumprindo as normas da establecidas pola propia Xunta. Ata o de agora non chegou ningunha solicitude e apertura, só unha petición de catro novas paradas en distintas zonas da cidade.

Descargar todas as imaxes