Abel Caballero: “A Xunta recibe inxentes cantidades de fondos europeos e non dedicou nin un céntimo a Vigo”
O alcalde anunciou esta mañá na rolda de prensa que enviou unha carta o Presidente da Xunta na que reclama máis atención na transferencia de fondos “para o primeiro Concello de Galicia”.
Nesta misiva o rexedor constata que a Xunta recibiu grandes cantidades de fondos Next Generation dende o Goberno de España, que deben ser adicado a sectores entre os que se atopa a mobilidade urbana, procesos nos que “o Concello investiu 358 millóns nos tres últimos anos”. Caballero, reclama que a cidade “reciba a parte de fondos que lle corresponde dende Xunta de Galicia”, xa que nestes intres “non recibimos ningún céntimo”.
O rexedor afeou que o ente autonómico, a través dun convenio, achegue “3,5 millóns de euros o Porto de Vigo para un proxecto de mobilidade, cando a mobilidade sostible máis importante é a da cidade”, co que esixiu a realización dun convenio de idénticas características co Concello de Vigo.