Escoitar

Vigo mellora ano a ano os niveis de contaminación acústica

A Xunta de Goberno aprobou a revisión do Mapa Estratéxico do Ruído (Fase IV). Vigo é o primeiro concello de España en publicar a cuarta revisión. “Seguiremos traballando na redución dos ruídos”, manifestou Abel Caballero en rolda de prensa.

xoves, 8 set 2022

Vigo ten menos ruído nas rúas que fai cinco anos. Así o confirma o Mapa Estratéxico do Ruído (Fase IV) aprobado hoxe na Xunta de Goberno Local, sendo así o primeiro concello de España en aprobar a cuarta revisión.

Abel Caballero deu conta en rolda de prensa dos detalles: “O ruído é fundamentalmente producido polo tráfico viario. Non temos ruído do ferrocarril, eu conseguín que entrara en túnel na cidade”.

O primeiro edil destacou as humanizacións de Ronda de Don Bosco e Praza Compostela, onde reduciuse en 5 decibelios os niveis de ruído. Tamén explicou que as humanizacións e o plan de “Cidade 30km/h” está a funcionar como elemento redutor.

Outros dos elementos que melloran a fluidez do tráfico, como son as turbo rotondas, están a mellorar os índices de decibelios en zonas como Praza América e a glorieta de Alfageme na Avenida de Castelao.

Caballero di “tomarse en serio” esta cuestión e manifestou que o goberno local seguirá a traballar para reducir a contaminación acústica na cidade.

Obras

A Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación das obras da rúa Tercio de Afora cun importe de 274.000 euros. O prazo de execución remata no mes de abril. A actuación inclúe renovación de pavimentos, creación de beirarrúas, redes de abastecemento e saneamento, novo mobiliario urbano, luminarias e xardíns.

Tamén adicáronse 228.000 euros para construír un novo colector de pluviais na rúa Paz Pardo. O obxectivo, segundo explicou o rexedor, é canalizar as escorrentías superficiais na zona: “Molestas aos veciños e veciñas, provocan danos nas vivendas e no firme”. O prazo de execución é de 3 meses.

Descargar todas as imaxes