Escoitar

Volven as recreacións históricas á Vila Romana de Toralla

O alcalde informou do inicio das visitas ao xacemento arqueolóxico este xoves, 14 de xullo. Desenvolveranse nos meses de xullo e agosto e non será necesaria a inscrición previa para asistir.

xoves, 14 xul 2022

O Concello de Vigo retoma este 15 de xullo as recreacións históricas sobre a ocupación romana da Vila os xoves 14, 21 e 28 de xullo e os xoves 11 e 18 de agosto, todas elas entre as 20:00 e as 22:00 horas. A asistencia será de balde e sen necesidade de inscrición previa.

Estás actuacións terán lugar no Centro de Interpretación do Mundo Romano e consistirán na representación, por parte de figurantes ataviados con roupaxe da época, de diferentes escenas cotiás como a presentación en sociedade dos recen nados, a venda de escravos ou a loita de gladiadores, entre outras.

 

Descargar todas as imaxes