Escoitar

Vigo oferta 1.150 prazas para coñecer a ría a bordo do Nautilus

O alcalde convida á cidadanía a sumarse a un dos vinte e tres percorridos que sairán dende o 22 de xullo ao 27 de agosto. A participación é gratuíta facendo previa reserva a través da web https://www.xuventudevigo.org

xoves, 14 xul 2022

O Concello de Vigo organiza un total de vinte e tres viaxes pola ría de Vigo, a bordo do buque Nautilus, unha embarcación deseñada para a investigación científica. Como sinalou Abel Caballero, con estes viaxes “imos a coñecer a ría, a navegar a ría e a saber como é o seu fondo”.

En total póñense a disposición da cidadanía 1150 prazas, cunha capacidade de 50 en cada unha das viaxes, que se realizarán os xoves, venres e sábados en horario matinal. Esta actividade está recomendada para toda a familia, podendo asistir a partir dos 4 anos de idade.

Este venres, 15 de xullo ás 10:00 horas, lanzaranse as reservas para a primeira semana a través da web xuventude.vigo.org, tendo que recollelas na Oficina de Turismo (Rúa López de Neira, 27) o luns previo a saída da expedición, en horario de 10:00 a 17:00 horas. Esta xestión é totalmente gratuíta.

Estes percorridos durarán unha hora e media, comezando dende a estatua de Julio Verne, aproveitando así para explicar a relación do escritor francés ca nosa ría e cá súa obra “20.000 leguas de viaxe submarina”.

Descargar todas as imaxes