Escoitar

O Concello prepara un orzamento récord para 2023 próximo aos 295 millóns de euros

O alcalde apuntou en rolda de prensa que serán unhas contas “con forte carácter inversor, dinamizadores da economía e con contido social”.

mércores, 13 xul 2022

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que o goberno local está a preparar o orzamento municipal para 2023. O alcalde adiantou que as previsións están ao redor dos 295 millóns de euros, 10 máis que o ano pasado.

“Van ter 3 características: un carácter inversor, dinamizadores da economía e cunha dimensión social”, explicou en rolda de prensa, e engadiu que “estamos a falar dun documento para os servizos públicos, axudas e transformación da cidade”. Ademais reivindicou a Vigo como “a cidade que máis avanza de España”.

Aos 295 millóns, Caballero lembrou que haberá que sumar o financiamento proveniente da Deputación de Pontevedra o os remanentes do ano 2022. As contas de fondos propios son 275 millóns, aos que súmanse os fondos Next Generation EU do Goberno de España dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que o goberno local xa ten solicitados.

O alcalde lamentou que a achega da Xunta a Vigo “sexa negativa”: “Dannos algo máis de 5 millóns de euros, pero nós temos que pagar parte dos centros de día, as escolas infantís, parte da atención á dependencia...” Tamén recriminou que “a Xunta está a recibir fondos europeos do Goberno de España e o goberno autonómico non está a facer convocatorias para as entidades locais”: “Vigo recibe 0 euros. Só adican cartos ao Porto e non para o resto da cidade”, afirmou.

Descargar todas as imaxes