Escoitar

O Concello pon en valor a figura de García Barbón e Isaac Peral

O alcalde participou este martes na descuberta dos cincos paneis divulgativos cos que o goberno municipal quere dar a coñecer a historia destes dous “nomes emblemáticos en Vigo e en España”.

martes, 21 xuñ 2022

Os cinco paneis informativos sobre a figura e traxectoria de García Barbón e Isaac Peral están instalados ao longo das beirarrúas do tramo recentemente humanizado na rúa García Barbón e no parque de María Xosé Queizán. O obxectivo é “divulgar coñecemento sobre personalidades da cidade que teñan historias dignas de coñecerse. Son dous nomes emblemáticos en Vigo e España”, sinalou Caballero.

A humanización desenvolvida polo goberno municipal incluía esta actuación e, amais, no parque de María Xosé Queizán creáronse dúas zonas de pérgolas con bancos, zonas estanciais máis agradables para a cidadanía.

Humanización de Purificación Saavedra

O rexedor informou da reanudación a vindeira semana das obras de humanización da rúa Purificación Saavedra (Fase II), entre Travesía Foxos e Enrique Lorenzo que ten un orzamento de 318.000 euros. Tal e como explicou, a obra empezou en outubro de 2021 pero no transcurso fóronse detectando redes de servizo e pavimentación de calzada en peor estado do esperado e isto obrigou a facer un modificado do proxecto para reorganizar os servizos soterrados e reforzar o paquete de firmes da calzada. Na primeira fase da humanización de Purificación Saavedra, entre Sanjurjo Badía e Enrique Lorenzo, investíronse 307.000 euros, polo que o investimento total chega aos case 624.000 euros.

 

Descargar todas as imaxes