Escoitar

O alcalde cifra en 21 as axudas de emerxencia destinadas ao alugueiro a semana pasada

A comisión de Axudas de Emerxencia concedeu 81 axudas cun importe de 17.186,87 euros a semana pasada. Caballero lembrou que as Axudas de Emerxencia son compatibles co Ingreso Mínimo Vital.

martes, 21 xuñ 2022

O rexedor deu conta das Axudas de Emerxencia da semana pasada. O Concello concedeu 81 axudas cun importe de 17.186,87 euros, das cales 21 foron para o pago dos alugueiros.

Abel Caballero lembrou que “deste xeito evitamos o desaloxo de moitas familias” e sinalou que tamén o Concello está a pagar facturas da luz, da auga e axudas de alimentación.

“As Axudas de Emerxencia son compatibles co Ingreso Mínimo Vital do Goberno de España”, afirmou Caballero, que lamentou que “non ocorra o mesmo coa RISGA” e volveu a solicitar á Xunta a compatibilidade das axudas sociais.

Desde que comezou a pandemia o Concello concedeu 18.140 axudas cun importe de 2.885.104,31 euros que chegaron a 51.699 beneficiarios.

Descargar todas as imaxes