Escoitar

O Concello tamén convocará bolsas de inmersión lingüística en francés o próximo curso

O alcalde anunciou esta mañá que o Concello convocará o próximo curso un número aínda por determinar de bolsas de francés, na liña das outorgadas dentro do programa Vigo en inglés. Así o decidiu o rexedor, logo de manter un encontro cun grupo de profesoras deste idioma en distintos institutos de Vigo.

martes, 21 xuñ 2022

O Concello sumará bolsas de francés ao programa de inmersión lingüística en inglés que este ano permitirá viaxar a preto de 2.500 estudantes. Logo de manter un encontro cun grupo de profesoras de francés de distintos centros educativos de Vigo, Caballero avanzou que o curso que vén o goberno local convocará un número de bolsas -que se determinará máis adiante – para estudar este idioma en Francia, en condicións similares ao programa Vigo en inglés.

O próximo martes 28 sairá o primeiro dos sete voos programados para permitir a estancia de inmersión lingüística dos preto de 2.500 estudantes que este ano conseguiron a súa bolsa. Tal e como lembrou o rexedor, unha vez máis, obtiveron praza todos os que cumprían os requisitos da convocatoria polo que non hai lista de agarda.

 

Descargar todas as imaxes