Escoitar

Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón para visibilizar a loita contra a ELA

Este martes, 21 de xuño, se conmemora o Día mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e o Concello contribúe ao coñecemento e concienciación sobre a enfermidade tinguindo de verde as fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente.

martes, 21 xuñ 2022
As fontes, nunha imaxe de arquivo.
As fontes, nunha imaxe de arquivo.

O Concello de Vigo atende así a solicitude de AGAELA, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, que pretende dar visibilidade a unha enfermidade neurodexenerativa que afecta a uns 4.000 españois actualmente. “Imos contribuír co que nos piden a efectos de seguir propoñendo a importancia da loita contra a ELA”, manifestou Caballero en rolda de prensa.

Descargar todas as imaxes