Escoitar

A obra de Francisco Leiro xa se pode visitar no MARCO

O alcalde inaugurou a mostra “O antropomófico, 1986-2022” do artista cambadés que estará ata o 16 de outubro no MARCO. Leiro é o autor da obra escultórica do Sireno na Porta do Sol.

venres, 22 abr 2022
O alcalde de Vigo na presentación da mostra de Francisco Leiro no MARCO
O alcalde de Vigo na presentación da mostra de Francisco Leiro no MARCO

Abel Caballero inaugurou a mostra “O antropomórfico, 1986-2022” do artista Francisco Leiro, que estará aberta ao público ata o 16 de outubro. Nunha presentación xunto ao artista, o comisario da mostra e director do MARCO, Miguel Fernández-Cid e o edil de Cultura, Abel Losada, o rexedor manifestou que quere manter a exposición do artista cambadés “o máximo tempo posible na cidade” e que “Vigo, e particularmente o MARCO, un lugar onde o desenvolvemento cultural é un camiño de exploración permanente nas novas formas de entender o arte”.

Esta exposición céntrase nun dos eixos da produción artística de Leiro: o antropomórfico. Sen afán cronolóxico, móstranse pezas xa realizadas entre 1986 e hoxe, ademais de obras de nova creación, específicas para a mostra. Para a composición, artista e comisario trazaron un diálogo entre a obra e os peculiares espazos da planta baixa do edificio. Leiro, con especial sensibilidade para iso, preparou obras coas que responder o reto do lugar

Podemos atopar maquetas, colaxes e esculturas de granito, bronce e madeira de Leiro, obras integradas na arquitectura do MARCO. “O antropomórfico” reúne unha ampla selección de esculturas nas que Francisco Leiro outorga calidades ou trazos humanos a animais ou cousas, das súas pezas menos narrativas.

Francisco Leiro está considerado como un dos artistas máis representativos do panorama artístico actual. Nacido en 1957 en Cambados, Pontevedra, na actualidade vive e traballa entre Nova York, Madrid e Galicia.

O alcalde de Vigo na presentación da mostra de Francisco Leiro no MARCO
Descargar todas as imaxes