Escoitar

O Concello de Vigo abonou 30 millóns no primeiro trimestre nunha media de 11 días

“Somos o pagador máis rápido de todos os entes públicos de España”, asegurou Caballero este luns, “por diante de todas as comunidades autónomas, do Estado e das cidades importantes de España”. Entre xaneiro e marzo, a administración local viguesa completou 1.372 pagos por valor de 30 millóns de euros, nun prazo medio de once días.

luns, 11 abr 2022
Abel Caballero, este luns en rolda de prensa.
Abel Caballero, este luns en rolda de prensa.

Abel Caballero argumentou que unha transferencia rápida permite que as empresas que prestaron bens ou servizos ao Concello conten con liquidez con prontitude, evitando ter que recorrer por exemplo a pólizas bancarias. Para o alcalde, ser “os máis rápidos pagadores de España” representa “unha cooperación moi importante que facemos á economía”.

Descargar todas as imaxes