Escoitar

Vigo ofrece concertos didácticos da Escola municipal de Música para alumnado de Primaria

O alcalde saudou este luns aos 170 nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria de catro colexios da cidade que presenciaron no auditorio municipal do Concello o concerto “Caldiño de sons”. Trátase do programa “Música coa escola”, que continuará en xornadas sucesivas.

luns, 7 mar 2022
O alcalde dirixiuse ao público antes do comezo da actuación.
O alcalde dirixiuse ao público antes do comezo da actuación.

O recinto cultural municipal acolleu este luns a cento setenta rapaces e rapazas dos colexios Virxe do Rocío, Atalaya Cantabria, Ramón y Cajal e Chans de Bembrive, alumnado de quinto e sexto curso de Educación Primaria convertido en espectador do “Caldiño de sons”, o concerto didáctico a cargo da Escola municipal de Música de Vigo.

O alcalde, Abel Caballero, achegouse ata o auditorio da Casa Consistorial viguesa para dar a benvida aos alumnos e alumnas. Esta iniciativa cultural proseguirá en próximos días para chegar a un maior número de colexios e estudantes.

Descargar todas as imaxes