Recomendacións da Omic sobre a compra en periodo de rebaixas
A Concellería de Consumo, a través da Oficina municipal de información ao Consumidor (Omic) recórdalles aos consumidores as cuestións a ter en conta no periodo de rebaixas que agora se inicia.
Enténdese como rebaixas a venda de artigos no mesmo establecemento no que se exerce habitualmente a actividade comercial, a un prezo inferior ao fixado antes desa venda.
A duración do periodo de rebaixas será como mínimo dunha semana e como máximo de dous meses.
As rebaixas non teñen que afectarlle a tódolos productos que se venden nun establecemento, non obstante en Galicia está prohibido que nun mesmo establecemento se poñan á vez rebaixas e saldos.
Dentro dos dereitos dos consumidores, estes teñen os mesmos que se ofrecían durante a tempada ordinaria, é dicir, a garantía, a devolución e a forma de pago. Pódese reseñar que aqueles establecementos que habitualmente recollen artigos que non están en mal estado, e que entregan un "vale" polo seu importe, deberán facelo igualmente neste periodo.
É obrigado o ofrecemento dunha garantía ante calquera problema que poida orixinar o producto por ter un defecto de fabricación non evidente ós ollos do comprador. A garantía entregarase por escrito con indicación do obxecto garantido, o garante, o titular da mesma e os seus dereitos, ademais do prazo de duración, que será alomenos de seis meses contados dende a entrega da cousa vendida.
Os prezos deberán figurar na etiqueta, tanto o primeiro prezo coma o rebaixado, ou ben a porcentaxe de desconto que se lle aplicará ao producto.
No caso de ter algún problema ou incidencia, o consumidor ten dereito a solicitar a folla de reclamacións, que tódolos establecementos veñen obrigados a ter a disposición daqueles, para posteriormente presentala nos servicios de consumo.
En calquera caso, o consumidor non debe esquecer gardar os comprobantes de pago dos productos adquiridos, sendo estes necesarios para poder iniciar calquera reclamación posterior.