Escoitar

María Méndez reuniuse con representantes dos voluntarios da limpeza da marea negra

A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez entrevistouse con representantes da comisión de voluntariado da plataforma Nunca Máis e dos voluntarios mobilizados polo Concello para a limpeza das praias afectadas polo vertido do "Prestige".

venres, 4 xul 2003
1057310809vol1.jpg
Momento da reunión
Dentro das demandas para a continuidade do traballo solidario, os voluntarios subliñaron a falta de transporte cara ás zonas máis afectadas, logo da supresión do servicio de autobuses disposto pola Oficina de Voluntariado hai uns meses. Verbo do destino do transporte, os voluntarios sinalaron Carnota "por manter aínda as infraestructuras necesarias para desenvolver o noso labor, desmontadas xa noutros puntos da costa".

María Méndez, fundadora da plataforma de sanitarios de Nunca Máis, comprometeuse a estudiar as causa da eliminación do servicio e a tramitar os seu restablecemento de existir a partida presupostaria precisa; "axustándonos ao orzamento, malia que non puidese organizarse un autobús semanal, alomenos quincenal".
Descargar todas as imaxes