Escoitar

Comeza a fase final da Vigo Cup

A Vigo Cup, o Torneo Internacional de Fútbol Base que se disputa desde o pasado luns en Vigo, entra xa na súa recta definitiva. Pecháronse os cadros de equipos que xogarán xa os oitavos de final en todas as categorías, desde benxamíns ata xuvenís.

xoves, 3 xul 2003
1057233681samil2.JPG
Participantes
A xornada deste mércores, que se veu favorecida pola chegada do bo tempo, resultou apaixonante xa que na maioría dos partidos todos os equipos se estaban xogando a clasificación para as roldas finais.

A asistencia de público aos distintos campos de fútbol, gracias á melloría no tempo, foi maior que en días anteriores.

En categoría xuvenil, dispútanse os dous únicos encontros de oitavos, ambos no campo de Redondela. Ás sete da tarde mídense o Celanova e o Colegio Hogar. E ás oito o Reboreda co Vilariño. Os gañadores de ambos partidos iniciarán o vernes a rolda de cuartos de final, para a que xa se clasificaron directivamente Apache, Areosa, Cristo da Victoria, Rápido de Bouzas e os portugueses do Salgueiros e Luciano Sousa.

Mentres, os cuartos clasificados desta categoría xuvenil inician a fase de consolación no campo do Rápido de Bouzas. Tamén no campo de Redondela se inician os oitavos de final da categoría cadete. Os partidos comezarán ás 9.30 horas e se prolongarán ata media tarde.

Os emparellamentos do xoves serán: Puerto de la Torre A-Alondras, Casa Paco-Nieto, Apache-Rápido de Bouzas, Chantada-Colegio Hogar, Santa Marina-Ureca, Salgueiros-Areosa, Ourense-Peñarredonda y Penya Blanc I Blava D’Eivissa-Casablanca.

Os oitavos de final en categoría infantil xogan de 9.30 a 18.00 horas nos dous campos do Colegio Universitario. Os emparellamentos son:
Victoria co gañador do Valenciano-Balaídos; Bouzas co vencedor do Hogar-Caselas; Casa Paco-Pires A; o Celta co vencedor de Molíns de Rey-Fair Play; Adeca ante o gañador d Alerta Travesas-Salgueiros; Ourense-Carrilana; Alondras co gañador do San Miguel-Vianense; e o Fair Play B co vencedor do Salesianos-Porriño Industrial.

En categoría alevín comezan os oitavos de final en Samil durante todo o día. Os encontros serán os siguientes: La Base co gañador de Pires B-Vianense C; Rápido de Bouzas co gañador do Virgen de la Concha-Ourense; Pires A-Alerta Traviesas; Vianense co vencedor do Vianense B-Victoria; San Lorenzo co gañador do Molíns B-Alerta Traviesas B; Rosalía de Castro-Colegio Hogar; Alondras co vencedor do Casa Paco-Teis e o Casablanca co gañador do Escuela 115-Vilariño.

Os encontros da rolda de oitavos de final na categoría de benxamíns terán por escenario, durante todo o día, o campo de fútbol de Travesas. Os emparellamentos serán os seguintes: Rápido de Bouzas co gañador do Arrabaldo-Molíns de Rey; Casablanca-Santa Marina B; Pires-Valenciano; Calo-Luciano Sousa; Santa Marina C-Apóstol Santiago; Pabellón-Alerta Traviesas; Casa Paco-Colegio Hogar e Porriño Industrial ante o vencedor de Escuela 115-Travesía de Vigo.

Na categoría de damas, disputaranse dous encuentros, ambos ás ocho da tarde no Campo de Coia: Luciano Sousa-Mosteiro e Olivo-Lavadores.
Descargar todas as imaxes