Escoitar

Case 800 persoas recibirán, no segundo cobro, indemnizacións polas entradas da festa de fin de ano de Samil 2000

O vindeiro luns comezará a segunda quenda de pago das indemnizacións aos asistentes á festa de fin de ano 2000 no Hotel Samil. O Concello presentara unha demanda xudicial, a través da Oficina municipal de información ao consumidor (Omic) en defensa dos dereitos dos asistentes a este evento, que se sentiron estafados pola organización.

venres, 4 xul 2003
A cadea hoteleira ingresou xa o total da cantidade da condea por importe de 84.392,42 euros para darlle cumplimento á sentencia, o que lle permitirá percibir 102,17 euros a cada afectado que presentara reclamación ante o xulgado. O cobro da segunda parte das indemnizacións efectuarase a partir do 7 de xullo por orde alfabética na oficina do Banesto situada nos baixos do novo edificio dos xulgados de Vigo, na rúa Lalín. Nesta ocasión están convocadas 796 persoas.

A semana do 7 ao 11 de xullo deberán asistir as persoas que os seus apelidos comecen pola letra G. Do 14 ao 18 de xullo os apelidos que comecen polo H, I, J, K; do 21 ao 24 de xullo polo L; do 28 de xullo ao 1 de agosto a letra M; do 4 ao 8 de agosto os das letras N e O; do 18 ao 22 os do P; do 25 ao 29 os do Q e R; do 1 ao 5 de setembro os do S e a semana do 8 ao 12 de setembro os apelidos que comecen polo T, U, V, Y e Z.

Os que vaian percibir a indemnización, deberán ir provistos de DNI e asinar un documento de compromiso de devolución no caso de que a sentencia sexa modificada polo recurso presentado.

O Concello afrontou decididamente a defensa dos asistentes a aquela festa a través da Oficina municipal de información ao consumidor. En total foron 1.213 persoas as que presentaron reclamación ante o xulgado, das que 417 xa foron compensadas na primeira quenda de pagamentos.

A sentencia determinara que "a aglomeración de persoas nunhas instalacións inadecuadas para o aforo vendido produciu o colapso da súa organización e a quebra dos seus servicios e espectáculos, dando lugar a un auténtico fraude de lei". Sen embargo, se trata dunha sentencia que está recorrida ante a Audiencia provincial, polo que pode sufrir variacións.

Os interesados poden obter máis información na Omic, situada no segundo andar do Concello de Vigo.

Máis información