martes, 8 xullo 2003

Iníciase Netgame Caixanova promovido polo Concello

martes, 8 xul 2003

Netgame Caixanova é un encontro informático que aglutinará a profesionais e usuarios de informática de diversas procedencias durante cinco días sen interrupción. Reuniranse no Instituto Feiral de Vigo do 9 ao 13 de xullo co fin de compartir actividades relacionadas co ordenador e as comunicacións.

Entrega de diplomas en Beade

martes, 8 xul 2003

A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, asiste á entrega de diplomas aos alumnos que realizaron cursos na Asociación veciñal de Beade. Preto de 150 persoas participaron en cursos de cociña, pintura, palillos, manualidades, ganchillo e informática.

A artista María Rey expón na Casa da Xuventude

martes, 8 xul 2003

A Concellería de Xuventude prosegue o programa Mirarte que consiste en organizar exposicións de novos artistas para contribuír á súa proxección. Nesta ocasión, ábrese unha nova mostra individual da artista María Rey que permanecerá aberta ata o 24 de xullo na Casa da Xuventude.