Escoitar

Iníciase Netgame Caixanova promovido polo Concello

Netgame Caixanova é un encontro informático que aglutinará a profesionais e usuarios de informática de diversas procedencias durante cinco días sen interrupción. Reuniranse no Instituto Feiral de Vigo do 9 ao 13 de xullo co fin de compartir actividades relacionadas co ordenador e as comunicacións.

martes, 8 xul 2003
1057664311netgame2.jpg
Logotipo
Nesta edición, Netgame Caixanova poderá darlle cabida a 3.000 participantes que virán para conectarse a unha das maiores redes informáticas do país e asistir ao que é, sen dúbida, un dos maiores acontecementos tecnolóxicos de Galicia.

A organización pon a disposición dos participantes a posibilidade de conectarse a unha rede co acceso a internet máis rápido dispoñible na actualidade: unha liña ATM de 155 Mb, o máis grande xamais usado nun tipo de evento destas características en Galicia e practicamente en España e Europa, o que provocará un maior enriquecemento persoal establecendo vínculos máis alá do estrictamente técnico.

Profundizar e ampliar os recursos no ámbito das nuevas tecnologías, promover relacións e intercambiar experiencias cos que comparten as mismas inquedanzas e afeccións son os obxectivos que pretende Netgame Caixanova.

Ademais, os patrocinadores colaborarán na montaxe dunha rede inalámbrica, o que lles permitirá a todos aqueles que dispoñan deste sistema conectarse desde calquera lugar no que se encontren dentro do recinto ferial de Cotogrande.

Con esta capacidade ofrecerase a posibilidade de participar en diversos concursos, conferencias, obradoiros e mesas redondas. As actividades esenciais do evento concéntranse en áreas como Demo-scene, xogos, deseño gráfico, Linux e multimedia organizadas en forma de concurso.

Cada área de Netgame terá un equipo de profesionais especialistas nas actividades que se desenvolven nela, para que resolvan as dúbidas ou problemas técnicos que xurdan. Haberá conexión directa cos responsables de cada área para que a comunicación entre participantes e organización sexa eficaz en todo momento.
Descargar todas as imaxes

Máis información