xoves, 10 xullo 2003

O alcalde visita as obras da residencia de Bembrive

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou as instalacións da nova residencia para persoas maiores de Bembrive, acompañado por dous técnicos municipais, para coñecer persoalmente as obras que deben realizarse con urxencia para que o centro poida entrar en funcionamento o antes posible.

Ultímanse os preparativos para o Trofeo Eixo Atlántico de cruceiros

xoves, 10 xul 2003

O VII Trofeo Eixo Atlántico de cruceiros celebrarase do 17 ao 20 de xullo en catro etapas, desde Leixoes a Vigo. O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asistiu á presentación da regata organizada polo Real Club Náutico de Vigo e os clubes de vela de Atlántico de Porto, Viana de Castelo, Póboa de Varzim e Baiona.

A web do Concello de Vigo proporciona os recibos dos impostos municipais

xoves, 10 xul 2003

A web municipal permítelles aos cidadáns imprimir os recibos das taxas e impostos municipais sen esperar que llelos envíe o Concello de Vigo ou sen ter que se desprazar ata as oficinas da praza do Rei. Así, os vigueses poderán adiantar o pago dos recibos sen necesidade de estar na cidade e emendar problemas como extravíos.

Vigo solicitará o seu ingreso no "Spain Convention Bureau"

xoves, 10 xul 2003

A Concellería de Turismo e Comercio prepara a candidatura da cidade para formar parte do "Spain Convention Bureau". Pretende promocionar a cidade de Vigo e as súas infraestructuras para acoller a celebración de congresos e aglutinará empresas, institucións e organismos que lles proporcionarán unha oferta conxunta aos seus organizadores.