Escoitar

Vigo solicitará o seu ingreso no "Spain Convention Bureau"

A Concellería de Turismo e Comercio prepara a candidatura da cidade para formar parte do "Spain Convention Bureau". Pretende promocionar a cidade de Vigo e as súas infraestructuras para acoller a celebración de congresos e aglutinará empresas, institucións e organismos que lles proporcionarán unha oferta conxunta aos seus organizadores.

xoves, 10 xul 2003
A Confederación de Empresarios de Pontevedra comunicoulle ao concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, o seu apoio a esta iniciativa e brindouse a participar como un dos socios fundadores do "Vigo Convention Bureau".

Os obxectivos principales desta asociación son promover o intercambio de experiencias e información do sector turístico entre os municipios que forman parte da asociación e realizar accións encamiñadas á promoción conxunta tanto nacional como internacional das cidades que a compoñen.

As actividades principais que desenvolve o "Spain Convention Bureau" son:

-Asesorar e proporcionar información sobre os lugares máis idóneos á hora de realizar un evento, dependendo do número de asistentes e da capacidade hoteleira requirida.

-Elaborar un calendario de congresos anual.

-Elaborar un informe estatístico sobre o mercado de reunións para mellorar o coñecemento deste mercado e axudar nas estratexias de marketing das cidades.

-Realizar accións promocionais tanto no ámbito internacional como no nacional.

-Realizar seminarios e xornadas encamiñadas a mellorar a formación do persoal técnico dos entes municipais.