Escoitar

O alcalde visita as obras da residencia de Bembrive

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou as instalacións da nova residencia para persoas maiores de Bembrive, acompañado por dous técnicos municipais, para coñecer persoalmente as obras que deben realizarse con urxencia para que o centro poida entrar en funcionamento o antes posible.

xoves, 10 xul 2003
O obxectivo do Concello é acometer, con carácter de urxencia, as obras de saneamento, alumeado e urbanización tralo compromiso adquirido no convenio asinado coa Consellería de Asuntos Sociais.

A nova residencia de Vigo, que contou cun orzamento de máis de 5,3 millóns de euros, ten unha capacidade de 150 prazas residenciais organizadas en dous módulos de 45 prazas cada un e outros dous de 30 prazas para doentes crónicos e psicoxeriátricos. Ademais, dispón de nove prazas en enfermería e 30 no centro de día.