O Concello destinará tres vivendas de Cambeses para a mocidade
O Consello da Xerencia de Urbanismo aceptará na reunión do vindeiro martes a cesión de tres pisos e dous locais na urbanización Cambeses en cumprimento do convenio asinado co IGVS.
Tal e como explicou o alcalde, en cumprimento dese convenio o goberno municipal cedeu o solo para a construción do edificio polo que agora correspóndelle a cesión dos inmobles acordados.
O Concello dispoñerá en Cambeses de 3 pisos e dous locais (un dunha superficie de 220 m² e outro de preto de 200 m²) que dedicará á política social e ao tecido asociativo da cidade respectivamente.
Abel Caballero apuntou que as vivendas serán para a “xente nova que está iniciando a súa vida e queren a súa autonomía, buscaremos a forma de facelo, a través de alugueiro ou doutra forma pero con prezos accesibles para facilitarlles a vida”. No tocante aos dous locais, quedarán dedicados ao ámbito social, asociacións veciñais, culturais ou deportivas para que poidan usalos para desenvolver a súa actividade.