Escoitar

Vigo celebra o XVI Maratón Fotográfico con convocatoria presencial e virtual

O concelleiro de Cultura, Abel Losada, e o secretario da Agrupación Fotográfica Galega, Jesús Nieto, presentaron este xoves a nova edición do Maratón “Concello de Vigo” que se celebra esta fin de semana, os días 25 e 26 de setembro.

xoves, 23 set 2021
Rolda de prensa de presentación do XXV Maratón Fotográfico
Rolda de prensa de presentación do XXV Maratón Fotográfico

Será a primeira vez que o evento conte con convocatoria dobre, a presencial que acada a súa XXV edición, e a virtual que se celebra por segundo ano, tras poñerse en marcha en 2020 mor da pandemia, logrando un “bo funcionamento” tanto pola participación como pola pluralidade de temas.

Abel Losada, edil de Cultura, trasladou o apoio municipal ao Maratón Fotográfico pola importancia do evento que amais de ser unha actividade cultural “relevante” que “mellor recolle a idea da foto na rúa e da participación cidadá activa na programación cultural” é “moi boa en termos de democratización da cultura e para abrir a cultura á cidadanía”.

Jesús Nieto, secretario da Agrupación Fotográfica Galega, agradeceu o apoio do Concello como principal patrocinador do Maratón que considera “unha actividade cultural instaurada na cidade logo de 25 anos” e que este ano, ademais, suma o soporte da Deputación de Pontevedra. Explicou tamén que nestes momentos hai máis de cen participantes inscritos na Maratón e lembrou que tódalas persoas interesadas poden facelo ata este venres, 24 de setembro ás 15 horas.

 Maratón ten prevista a saída presencia este sábado 25 de setembro ás 11 horas cunha duración de 24 horas para realizar as fotografías arredor dos catro temas propostos pola organización, e a saída da edición presencial, que dura 36 horas, será ás 12 da mañá. Posteriormente, a organización realizará unha selección das obras presentadas e confeccionarase unha exposición, tanto presencial como virtual, sobre a que o xurado elixirá as series gañadoras.

Rolda de prensa de presentación do XXV Maratón Fotográfico
Descargar todas as imaxes