Adxudicadas as obras de humanización das rúas Talude e Valladolid
A humanización de Talude inclúe una escaleira mecánica desde Urzáiz. Na rúa Valladolid actuarase en 132 metros.
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da rúa Talude que inclúe a mellora de accesibilidade cunha nova escaleira mecánica. “Seguimos no avance de eliminar as costas e escaleiras da cidade a través do mecanismo mecánico”, afirmou o alcalde. O importe da licitación é de 713.700 euros.
Abel Caballero explicou que as obras en Talude suporán a humanización da rúa, logo da doazón de 72 metros cadrados do centro educativo, que rexeitou o pago correspondente, e que permitirá mellorar tamén o acceso ás súas instalacións. Ademais, o goberno municipal renovará os firmes, mellorará a seguridade peonil, o mobiliario urbano con bancos e zonas axardinadas, unha nova rede de rega, iluminación LED e nova rede de saneamento e pluviais.
Por outra banda, tamén aprobouse a humanización da rúa Valladolid cun importe de licitación de 378.250 euros. Actuarase en 132 metros cunha nova redistribución dos espazos, novos pavimentos e beirarrúas, renovación completa da iluminación, mellora de mobiliario, novo arborado e redes de saneamento e pluviais.