Escoitar

Cerca de 3.400 persoas utilizaron o autobús urbano de balde polo Día Europeo sen Coches

As rutas seleccionadas para esta acción foron as lanzadeiras á Universidade e o bus turístico.

xoves, 23 set 2021
Foto de arquivo: Abel Caballero no Vitrasa na nova liña de autobús urbano entre As Travesas e Alcabre
Foto de arquivo: Abel Caballero no Vitrasa na nova liña de autobús urbano entre As Travesas e Alcabre

No Día Europeo sen Coches, 3.378 persoas utilizaron o bus urbano de balde, unha medida que se suma ás de “emisións 0 na cidade de Vigo”, segundo explicou o rexedor.

As liñas seleccionadas para esta acción foros as lanzadeiras á Universidade, con 3.171 usuarios e 207 viaxeiros no bus turístico. Deste xeito, Abel Caballero celebrou a celebración “do día da non emisión de gases de efecto invernadoiro, o verde, o día da loita contra o cambio climático coas cintas e escaleira mecánicas e os ascensores, onde xeramos zonas de 0 emisións e axudamos a mudar a situación de planeta”, sentenciou.

Recoñecementos en mobilidade sostible

O Concello recibiu outro premio dentro da Semana Europea da Mobilidade Sostible 2020, na categoría de municipios de máis de 50.000 habitantes. O Ministerio para a Transición Ecolóxica considerou “experiencias existosas” as ramplas da Gran Vía e o carril bici. Respecto deste último proxecto, o xurado recoñeceu o traballo municipal para “velar pola seguridade dos ciclistas nos novos carrís bicis instalados na cidade”, subliñando a separación física entre a vía ciclista e a de vehículos a motor e e redución da velocidade máxima nos carrís compartidos.

Sobre as ramplas da Gran Vía, sinala “os esforzos por facer da cidade un entorno amigable para os peóns, fomentando os desprazamentos á pé”. Xunto co beneficio medioambiental, tamén valora o impacto social e o uso das tecnoloxías da información e comunicación. Xa en 2015, o Concello foi distinguido nestes galardóns polas escaleiras mecánicas de Porta do Sol.

Ademais, as ramplas da Gran Vía tamén recibiron este mesmo ano un recoñecemento internacional: o primeiro premio de Proxecto do Ano 2021 outorgado pola prestixiosa publicación Elevator World, especializada en deseños innovadores de transporte. Este proxecto tamén foi referenciado na revista especializada City Monitor, de San Francisco, que amosa as ramplas e ascensores de Vigo como exemplo da nova mobilidade mecánica.

Descargar todas as imaxes