Abel Caballero amosa o seu orgullo por ser a entidade que máis rápido paga aos seus proveedores
O Concello paga aos provedores en 8,87 días segundo o último dato oficial do segundo trimestre. Foron cerca de 1.429 os pagos realizados por un importe de 31.571.288 euros.
Abel Caballero amosou en rolda de prensa o seu orgullo por ser unha das administracións que máis rápido paga aos seus provedores. Segundo os datos do segundo trimestre, o consistorio vigués abona as facturas en 8,87 días.
O rexedor sinalou que hai entidades que tardan anos e meses: “A Xunta de Galicia tarda o dobre”, sinalou. Caballero cifrou os pagos en 1429 por un importe de 31.571.288 euros.
O alcalde apuntou que “isto é apoiar a economía e o emprego. Somos os máis rápidos pagadores de España. A xente que traballa co Concello non ten que ir aos bancos a buscar liquidez”.
“Non temos débeda, cumprimos o teito de gasto, temos superávit e somos os máis rápidos pagadores aos nosos provedores”, sentenciou.