Escoitar

O Pleno aproba este mércores a norma que permite estruturas fixas nas terrazas

A modificación da ordenanza será votada pola Corporación, un cambio “moi importante”, valorou hoxe martes o alcalde, que implicará “máis e mellor hostalería, máis e mellor ocio e máis seguridade en termos Covid”. O texto habilitará terrazas con cerramento estable fácilmente desmontable.

martes, 27 xul 2021
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa

“Queremos que a hostalería poida desenvolver a súa función en cerramentos estables para dar comodidade aos clientes, seguridade en termos Covid e poder utilizar os espazos públicos de forma permanente, como fan tantas cidades de España e de Europa”. Así argumentou o alcalde a necesidade da nova ordenanza, que será previsiblemente ratificada polo Pleno este mesmo mércores e fai posible que a hostalería instale terrazas fixas.

A regulación afecta á instalación en terreos públicos e espazos privados de acceso libre e contempla as dúas opcións: terrazas como as actuais, sen peche estable, e terrazas cun cerramento fixo fácilmente desmontable, no perímetro e na cuberta. En ambos casos, a prórroga será automática, sempre e cando se cumpran as condicións esixidas.

En particular, a normativa inclúe as tarimas e as cubertas desmontables nas beirarrúas, que deben ser de material resistente e boa calidade, ademais de manter unha harmonía e coherencia estética co entorno. Incluso figura a opción de dispoñer terrazas en prazas de aparcamento, indicou o rexedor en rolda de prensa.

“Entramos nunha nova etapa”, engadiu Caballero, “que vai significar máis e mellor hostalería, máis e mellor ocio e ocio máis seguridade en termos Covid e máis estable e utilizable en termos de inverno”.

Descargar todas as imaxes