O Concello prepara o “Vigo en Festas” que terá lugar na Praza Compostela
O sábado 7 de agosto actuará a Coral Casablanca e o luns 9 dará comezo a una semana chea de actividades para todas as familias.
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do servizo de produción de espectáculos e actividades do programa “Vigo en Festas” que se celebrará na Praza Compostela. O importe de licitación é de 62.010 euros.
A partir do luns 9 de agosto comeza este evento que terá durante unha semana distintas actividades que desenvolveranse alameda do centro da cidade. Deste xeito, o alcalde anunciou que o primeiro espectáculo será de maxia e ilusionismo. O martes e mércores haberá un festival de percusión (dous obradoiros e dous concertos), o xoves un monologuista o a fin de semana un festival de música clásica e jazz.
Abel Caballero apuntou a un agosto cheo de eventos co Marisquiño que comeza o día 6 e estas actividades na Praza Compostela, ademais da celebración de San Salvador de Teis o e o concerto da Coral Casablanca o día 7 de agosto.