Escoitar

O libro solidario “Soños de Cajamarca” axudará a manter os comedores para nenos e nenas desta rexión do Perú

O Concello participa nesta acción de cooperación internacional coa axuda de 10.000 euros a Aulas Abertas.

luns, 26 xul 2021

O libro “Soños de Cajamarca” presentouse en rolda de prensa como unha acción “cultural e solidaria”, segundo dixo o alcalde. O Goberno Local anunciou que manterá a axuda a Aulas Aberta pola acción que realizan na zona de Cajamarca, en Perú.

Aulas Abertas ten un proxecto doutro lado do Atlántico onde mantén comedores para os máis pequenos. Co libro “Soños de Cajamarca” suma máis solidariedade ao proxecto no Perú xa que aportará por cada libro vendido 2,5€ máis para alimentar aos 1.200 nenos e nenas desta rexión.

A obra reúne 14 relatos de literatura infantil e xuvenil escritos por referente a nivel nacional como Antonio García Teijeiro, Miguel A. Alonso Diz, Rebeca Álvarez e Leticia Costas.

Descargar todas as imaxes