Abel Caballero eloxia a traxectoria de Iberconsa no seu 40 aniversario
Abel Caballero visitou este martes a nova fábrica de Iberconsa Seafood Processing, situada no Molle de reparacións de Bouzas, onde puido achegarse ao traballo da empresa fundada en Vigo hai 40 anos.
Durante a visita, o CEO DE Iberconsa, Alberto Freire, e o director xeral, Alberto Encinas, trasladáronlle ao rexedor que a empresa mantén Vigo como o seu centro de referencia ao tempo que ten presenza nos cincos continentes e lidera mundialmente a captura e produción de langostino austral e merluza conxelada nos caladoiros de Arxentina, Namibia e Suráfrica.
Caballero puxo en valor o traballo desenvolvido ao longo dos 40 anos de traxectoria do grupo empresarial, a capacidade de xeración de emprego e de seguir dotando de valor engadido aos seus produtos.