Escoitar

Vigo ofrece seguridade covid 1.000x100 nas praias con cintas separadoras en Samil e o Vao

O goberno local quere que os areais vigueses volvan ser 1.000x100 seguras covid polo que despregará de novo cintas separadoras en O Vao e en Samil para distribuír á xente en cuadrículas. Na presentación deste sistema, o rexedor confiou en que este verán Vigo poida recibir un importante número de visitantes.

martes, 25 mai 2021

O Concello instalará de novo en Samil e no Vao cintas separadoras que servirán para parcelar e, polo tanto, distribuír axeitadamente á xente nos areais durante o próximo verán. “Queremos ofrecer algo adicional en Vigo, con seguridade covid e sen que haxa molestias para os usuarios”. Nunha rolda de prensa ofrecida en Samil, Caballero explicou que as dúas grandes praias urbanas da cidade se dividirán con cintas de cores para reservar espazos a un número de persoas que será determinado en cada momento en función das directrices sanitarias, cunha capacidade máxima de 15.000 persoas. Samil contará con 200 bandas e no Vao instalaranse un centenar. Este sistema funcionará desde finais de xuño ata o mes de setembro, época de máxima afluencia ás praias, cando xa estará operativo tamén o servizo de socorrismo. Nun contexto no que a vacinación empeza a vencer á pandemia, o rexedor sinalou que “esperamos unha moi importante afluencia nas praias de España e de Vigo pero de todos modos se houbera algún baremo ou capacidade máxima, con este sistema aseguramos que distribuímos á xente”, apuntou Caballero.

Na súa intervención lembrou que Vigo é a cidade española con máis bandeiras azuis e destacou os importantes servizos dos que dispón a praia de Samil, con catro piscinas, tres instalacións deportivas, unha pista de patinaxe, unha zona verde inmensa, aparcamentos .... “non hai unha soa praia en España con tantos servizos gratuítos”, destacou o rexedor.

Descargar todas as imaxes