Escoitar

O Concello dedica 600.000 euros á construción da nova escola infantil da Praza da Industria

O alcalde informou este luns da elaboración do proxecto construtivo para o novo espazo que acollerá a décima escola infantil municipal á que se trasladará o profesorado e alumnado da Escola de Santa Marta.

luns, 24 mai 2021

"Vai ser excepcional, máis espazosa e nun lugar excepcional", sinalou Abel Caballero tras dar conta da elaboración do proxecto de construción da nova escola infantil que o Concello situará no edificio do Instituto Municipal de Educación, na contorna da Praza da Industria.

O proxecto ten un orzamento de 600.000 euros e prevé un prazo de execución de 4 meses. Logo da aprobación do proxecto, sacarase a licitación pública, realizarase a construción e, posteriormente, o traslado da comunidade educativa ao novo espazo, que albergará ata 80 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.

Caballero apuntou tamén o compromiso do Barrio do Cura de entregar "unha nova escola infantil para a cidade" incluída no proxecto de urbanización da zona, que prevé a demolición da actual escola de Santa Marta, polo que o Concello "abrirá alí unha nova e manteremos a da Praza da Industria, polo que sumaremos 10. Nestes momentos temos 9 escolas, cando cheguei había 4".

Descargar todas as imaxes